Wednesday 08 de May de 2024

Os pequenos pasárono en grande durante a celebración do Día da Árbore en San Roque


 

Un sol espléndido acompañou a celebración do Día da Árbore, no que participaron un cento de meniños xunto cos seus pais e nais no parque periurbano de San Roque.

A actividade comezou puntual no “pulmón verde” da cidade, onde despois de recibir un bocadillo, bebida e unha viseira, os pequenos se dispuxeron a plantar cadanseu piñeiro xoven nunha parcela habilitada ao efecto.

Tamén se plantaron tres metrosideros, un por cada entidade participante: a Escola Infantil Municipal, a gardería Barbanziños do Hospital e a ludoteca O Xardín Ventureiro.

O evento concluíu cunha función contacontos a cargo da entidade Ociobrós, con tres contos: “Cororico”, “El ratón Mariano” y “The old lady”.

A actividade estivo promovida pola Concellería de Medio Ambiente, cuxa titular, Elvira Pereiro, estivo presente ao longo da actividade.